
10 novas organizacións comprométense coa Carta da Diversidade e manifestan así a súa responsabilidade cos principios de inclusión e non discriminación no contorno laboral.
Segundo un estudo da Comisión Europea, o 95% das empresas asinantes europeas manifesta que a sinatura da Carta nos seus respectivos países tivo un impacto no desenvolvemento e na aplicación das súas políticas e actividades no relativo á xestión da diversidade.
Barcelona, 10 de decembro de 2014.- A Fundación Diversidade, co apoio do departamento de Empresa e Ocupación da Generalitat de Cataluña e de Barcelona Activa, organizou o undécimo Acto de Sinatura da Carta da Diversidade en Barcelona, no que participaron 10 organizacións de referencia no ámbito empresarial e social español.
Xunto ao presidente da Fundación Diversidade, D. Javier Benavente Barrón, presidiron o acto o Sr. Josep Maria Marques i Ferrer, director executivo de Promoción de Barcelona Activa, Área de Economía, Empresa e Ocupación do Concello de Barcelona, e o Sr. Xavier López García, director xeral de Economía Social e Cooperativa, e Traballo Autónomo do Departamento de Empresa e Ocupación da Generalitat de Cataluña.
D. Javier Benavente, na súa intervención, destacou que “segundo un estudo da Comisión Europea, despréndese que o 25% das organizacións afirma que a diversidade ten un impacto moi positivo no desenvolvemento xeral do negocio, na innovación e na competitividade local e global”. Así mesmo, agradeceu ás entidades asinantes que se sumasen ás case 700 empresas que xa están comprometidas coa Carta da Diversidade.
Sinatura da Carta A Carta da Diversidade é unha declaración de compromiso, promovida pola Comisión Europea, que asinan voluntariamente empresas, entidades e institucións públicas e privadas. Trátase dun compromiso cos principios fundamentais da igualdade e do respecto ao dereito de inclusión de todas as persoas, con independencia das súas características.

Con esta sinatura manifestan publicamente o seu firme compromiso coa diversidade, conscientes da importancia que esta ten dentro das súas organizacións.
Durante a sinatura, presentouse en Barcelona o Estudo sobre a Xestión Global da Diversidade, da man de Vivian Acosta, socia directora de Consultoría de Talengo, e Raquel Santamaría, directora xeral da Fundación Diversidade, elaborado pola Fundación Diversidade e Talengo coa participación de responsables de Citigroup, Eurofred Group e Pepsico.
A continuación, D. Enrique Arce, de Compensa Capital Humano, achegounos á “Xestión do talento sénior”, deixando claro que a xestión da diversidade ten que comezar por un mesmo. O acto foi clausurado pola Sra. Rosa María Dumentjó, coordinadora do Consello Asesor da Fundación Diversidade.
Unha aposta innovadora, social e de compromiso
Así mesmo, os principios que defende a Fundación Diversidade están en liña coa responsabilidade social e a defensa da igualdade que promove o Plan Estratéxico do Goberno 2014-2016 e a ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL 2014-20, aprobada polo Consello Estatal de Responsabilidade Social (CERSE).
Neste sentido, para facer unha achega real, tanxible e concreta ás empresas, a Fundación Diversidade está promovendo, xunto coa Fundación Alares, o Plan Alares 360º; un programa que pretendemos que sexa implantado por pequenas, medianas e grandes empresas, non só para dar resposta aos obxectivos do Goberno, senón especialmente porque atende as necesidades máis urxentes dos cadros de persoal das empresas e das súas familias, tanto en materia de Conciliación da vida persoal, familiar e laboral como en materia de Diversidade, Discapacidade, Igualdade e Violencia de Xénero.
Trátase dunha aposta innovadora, social e de compromiso coa que, coa súa implantación, as empresas obterán o Certificado Alares de “Empresa Socialmente Responsable co seu Cadro de Persoal e coa Sociedade”.


