Tras a adopción da Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural en novembro de 2001, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas congratulouse das liñas mestras do seu Plan de Acción e proclamou o 21 de maio «Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento». Por este motivo, desde a Fundación para a Diversidade, queremos apoiar esta iniciativa animando todas as institucións e organismos nacionais a formar parte da Carta da Diversidade.
O obxectivo do Día da Diversidade Cultural é ofrecer unha oportunidade para afondar nas nosas reflexións sobre os valores da diversidade cultural e aprender a «vivir mellor» xuntos. Neste sentido, a Fundación para a Diversidade, constituída pola Fundación Alares e o IEGD, traballa para ser o organismo español de referencia para as empresas, institucións e a sociedade en xeral, achegándolles a todas elas as ferramentas necesarias para levar a cabo unha xestión e integración axeitadas da diversidade.
A diversidade cultural está no núcleo das preocupacións da UNESCO desde a súa creación, hai sesenta anos. Por este motivo, iniciativas como a Carta da Diversidade son fundamentais para que os gobernos se impliquen con esta causa. Francia, Italia, Bélxica e Alemaña xa contan cunha entidade que se ocupa de difundir os principios da diversidade. En España, a Fundación para a Diversidade foi constituída o pasado 17 de marzo de 2009.
A UNESCO leva case unha década comprometida coa diversidade das culturas, cun espírito de diálogo e apertura que ten moi en conta os riscos de homoxeneización e retraemento identitario asociados á universalización. Como as culturas engloban as artes e as letras, así como os modos de vida, os sistemas de valores, as tradicións e as crenzas, a protección e promoción da súa diversidade formula un reto: defender unha capacidade creativa a través da multiplicidade das súas formas materiais e inmateriais, e garantir unha convivencia pacífica.
21 de maio, Día Mundial da Diversidade