Un ano máis, Fundación Alares® ten a enorme satisfacción de abrir o prazo para presentar candidaturas aos Premios Nacionais Alares® 2013, á Conciliación da Vida Laboral e Familiar e á Responsabilidade Social.
Para a Fundación Alares® é, sen dúbida ningunha, un dos momentos máis especiais do ano. E é que a VII edición destes galardóns supón para nós todo un reto, para seguir posicionando a conciliación da vida laboral e familiar entre a opinión pública. Por este motivo, queremos animar a todas as empresas, institucións, iniciativas da sociedade civil, directivos, medios de comunicación, programas audiovisuais, proxectos de innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios, profesores e investigadores a que nos envíen as súas propostas.
A túa iniciativa inspíranos e estamos seguros de que este ano volveremos celebrar con éxito unha Gala de Entrega de Premios chea de creatividade, que fará que as nosas organizacións sexan un exemplo que seguir.
O prazo para presentar candidaturas remata o 16 de abril de 2013.
Máis información en:
INSCRICIÓN DE CANDIDATURAS 2013 (Preme aquí) DESCARGA DAS BASES 2013 EN PDF (Descargar aquí)


