A JMJ xa ten en marcha o dispositivo telefónico 24 horas para resolver calquera dúbida, necesidade ou emerxencia que teñan os máis de 5000 peregrinos con discapacidade acreditados. Grazas a este servizo, os peregrinos están gozando dunha das mellores xornadas porque saben que están atendidos polo equipo de profesionais de Alares.
Dende o pasado martes 16 de agosto, o servizo telefónico de emerxencias de Alares está dispoñible para calquera persoa que necesite facer unha consulta ou pedir axuda ante calquera emerxencia. Os peregrinos con discapacidade poden chamar ao 91 177 50 08, durante as 24 horas do día, para explicar a súa situación e, no menor tempo posible, terán a solución máis sinxela para eles. Ademais, poderán ser atendidos ata en catro idiomas: inglés, francés, italiano e español. Por outra banda, no caso das persoas con discapacidade auditiva, poderán enviar unha SMS ao 687 871 772 e, en poucos minutos, recibirán a axuda que precisan a través doutra SMS.
O servizo de atención ao peregrino de Alares ten como obxectivo solucionar calquera necesidade ou urxencia que xurda durante a JMJ2011. O servizo préstase en inglés, italiano, francés e español. Sen dúbida, servizos coma este son un compoñente imprescindible para que a JMJ sexa todo un éxito. Judith Mesa, responsable do Servizo de Atención ao Peregrino de Alares, declarou que: “estamos atendendo numerosas chamadas e en cada unha delas, a problemática é moi diferente. O noso equipo de profesionais está operativo as 24 horas e ata o momento atendemos chamadas en todos os idiomas oficiais. Sen dúbida, unha experiencia humana e profesional que nos está demostrando a capacidade resolutiva que temos”.


