Que a externalización de procesos é unha vía de desenvolvemento imprescindible para moitas empresas é unha cuestión da que non cabe dúbida. E que as persoas con discapacidade participan cada vez máis na sociedade, demostrando as súas capacidades, é unha realidade que non podemos ignorar. Por iso, desde Alares Social Centro Especial de Emprego queremos que estas dúas forzas se unan e acheguen todo o positivo que son capaces de xerar ao noso contorno. Unha fórmula de desenvolvemento de procesos a través de persoas con discapacidade que é diferente, única e moi eficaz porque achega os beneficios do outsourcing e, ademais, axuda a cumprir coa LISMI (Lei de Integración Social de Persoas con Discapacidade).
· Aforro de custos, grazas á contratación de procesos de gran importancia para a empresa, cun equipo experto no sector que achega todo o seu coñecemento ao proceso, o que se traduce nun claro aforro de custos, e que ademais se realizan a través dun centro especial de emprego, como é Alares Social. Deste xeito, a organización pode externalizar os seus procesos á vez que cumpre coa LISMI.
· Flexibilidade, tanto na estrutura como nos procesos, xa que a organización pode decidir en todo momento onde realizar esta xestión. É máis, no caso de Alares Social, a flexibilidade tamén vén dada pola gran capacidade de adaptación coa que traballa a súa estrutura.
· Produtividade, un factor imprescindible para que a organización medre en competitividade e valor no mercado e, polo tanto, que debemos ter moi en conta. Os procesos de outsourcing de Alares Social CEE son unha garantía de aumento da produtividade, xa que contamos cos profesionais mellor cualificados do mercado
· Asesoramento dos expertos de Alares Social CEE. Axudamos a determinar que tipo de servizos se poden externalizar de forma eficiente e sempre baseándonos en obxectivos produtivos.
· Coñecemento dos procesosos, somos especialistas e a nosa experiencia como pioneiros na externalización é, sen lugar a dúbidas, a máis importante do sector


