5 consellos para fidelizar o cliente (primeira parte)

Hoxe, máis ca nunca, as marcas necesitan medrar para ocupar un lugar seguro no mercado. Para nós, a clave está en poder fidelizar e atraer novos usuarios que valoren o produto e se fagan subscritores del. Así que imos analizar os 5 principios para poder fidelizar e reter, sen esquecernos de que tamén debemos traballar para captar novos consumidores. 1. Falar directamente ao usuario Unha marca debe interactuar directamente co usuario, converterse na súa mellor aliada e conseguir a súa total confianza. Só formando parte da vida diaria do consumidor, a marca poderá desenvolver vínculos 100 % duradeiros. 2. A fidelización gaña á captación de clientes Hoxe en día, as marcas só traballaron na captación de novos clientes a través da estratexia do prezo. Pero o panorama cambiou moito e as organizacións viron que o seu crecemento reside realmente na fidelización. Así que poñamos todos os sentidos en conseguir fidelizar e reter. 3. Contacto co cliente día a día Recoñecer as necesidades do cliente en diferentes momentos do día e conseguir darlle o que quere é esencial para que unha marca chegue a ser imprescindible. 4. A importancia das redes sociais Os usuarios están conectados á rede e saben o que ocorre en todo momento. Por iso, para que unha marca poida fidelizar un cliente ten que escoitar o que se di e adiantarse á competencia. As redes sociais revelan o que demanda o mercado. 5. A personalización do produto As persoas necesitan sentirse únicas; polo tanto, o produto que consumen tamén debe ser diferente. Así que a marca que consiga darlle ao seu cliente todo o que necesita para o seu día a día será a que poida fidelizalo.   Segue atento ao noso blog. Nos próximos días, 5 consellos máis para fidelizar o cliente.