O cliente é a peza clave en calquera empresa. Tan importante ou máis que conseguir novos clientes é o feito de fidelizalos.
En Alares, temos as claves necesarias para conseguir que esta ardua tarefa se converta nunha misión posible.
- Calidade
A calidade, o máis importante. En primeiro lugar debemos deseñar un produto de boa calidade, que cubra as necesidades, gustos e preferencias do cliente.
- Valor engadido
Non hai un só produto no que a única motivación de compra sexa o prezo.O primeiro que hai que facer é ser conscientes de que ofrecer o prezo máis baixo non é sinónimo de fidelización. É necesario que o que ofrecemos teña certo valor engadido; para iso, hai que dotar os nosos produtos e servizos de emocións. É vital que teñan variables emocionais que os fagan competitivos.
- Detectar as necesidades
As razóns que axudan a que un cliente permaneza na nosa compañía son a mellora do servizo prestado e a empatía co cliente. Se actuamos de maneira proactiva, detectamos as necesidades do cliente e as cubrimos antes de que nolas comunique, isto traducirase nunha mellora das súas expectativas.
- Engagement
O cliente atópase inmerso nun mundo onde a competencia é brutal e no que ten á súa disposición miles de ofertas. Ás veces abonda cunha chamada telefónica doutra empresa para espertar o interese dos nosos clientes por outra compañía. A clave está en buscar unha relación próxima con eles, xa que canto máis fiel é un cliente, máis difícil lle resultará á competencia persuadilo.
-
O cliente, o mellor portavoz da túa marca
Fidelizar tamén serve para conseguir que a túa marca teña os mellores portavoces: os teus clientes. A mellora das expectativas, á que faciamos referencia no punto 3, é o elemento clave para que o consumidor, ademais de permanecer connosco, pase á acción e defenda unha marca. Non hai nada mellor para unha marca ca un cliente fiel que fale dela, a comparta, a recomende aos seus amigos ou a faga viral a través das redes sociais. Esta publicidade de contido é a máis importante, xa que contén a experiencia e os sentimentos do consumidor cara a nós como marca.
- A importancia do servizo posvenda
Non hai que esquecerse do cliente. Un cliente satisfeito non se xera antes da venda, senón despois. O servizo posvenda é unha oportunidade para coñecer a experiencia do cliente co produto, para saber se lle gusta, se o recomendaría… etc. É vital que este servizo escoite o cliente e estea á súa disposición ante calquera problema ou dúbida que lle poida xurdir. Se o cliente se sente coidado, sempre será moito máis difícil que decida marchar á competencia.
En Alares, conscientes do importante que é para unha empresa fidelizar os seus clientes, creamos plans de fidelización deseñados á medida do que cada organización necesite, ofrecendo servizos persoais imprescindibles na vida diaria das persoas, que coidan do que máis nos preocupa a todos: a familia.