7 de cada 10 empresas con máis de 50 traballadores non cumpren a LISMI

A Lei de Integración Social de Persoas con Discapacidade obriga todas aquelas empresas con máis de 50 empregados a que o 2 por cento do seu persoal estea composto por persoas con discapacidade, co obxectivo de promover a súa integración no mundo laboral. Non obstante, existen excepcións, xa que a algunhas empresas, polo traballo que desempeñan, resúltalles imposible incluír estas persoas no persoal. Para estes casos existen medidas alternativas, como contratar os servizos dun Centro Especial de Emprego ou realizar unha doazón a unha entidade encargada de formar profesionalmente persoas con discapacidade. Pola contra, 7 de cada 10 empresas non cumpren coa LISMI, nalgúns casos por descoñecemento da propia lei. O 2,6 por cento dos demandantes de emprego son persoas con discapacidade que necesitan e buscan unha plena autonomía a través dunha ocupación profesional. Traballar pola inclusión, tanto mediante a contratación destas persoas como coa axuda a outras entidades na súa formación, non significa un gasto, senón que supón unha mellora dos principios sociais e de sustentabilidade, que se traducen en valor e oportunidades para a propia empresa.