7 de cada 10 familias levan os seus fillos menores de 1 ano á gardería para atender as súas obrigas laborais

Este é un dos datos máis relevantes publicados por un estudo que destaca, ademais, que moitas delas, concretamente o 32 %, deben deixalos nunha gardaría antes dos primeiros seis meses de vida do bebé. Os resultados desta enquisa evidencian que non é unha práctica xeral entre as empresas poñer en marcha para os empregados ferramentas que lles axuden a conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal. Porén, o 92 % das familias enquisadas declaran que ambos os proxenitores traballan, polo que as medidas de conciliación se fan necesarias. Pero, ademais, os datos deste informe non só revelan que os nenos empezan a ir cada vez antes á gardaría, senón que nos últimos anos se foi alongando o tempo que pasan nela, ata alcanzar unha media de entre 5 e 8 horas ao día no 66 % dos casos, e máis de 8 horas no 16 % deles. Por tanto, é necesario inculcar a filosofía empresarial de que investir nos empregados e compensalos axuda a mellorar o seu benestar e, en consecuencia, a fidelizalos cos proxectos da entidade, o que, en definitiva, se traduce nunha maior produtividade.