8 de marzo, Día da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, unha data recoñecida pola Organización das Nacións Unidas, que conmemora a igualdade entre homes e mulleres.

A idea de celebrar un día da muller nace a finais do século XIX e principios do XX, cando esta comeza a formar parte do mundo laboral. A pesar dos diferentes feitos destacados que forman parte da proclamación desta data como o Día da Muller, a historia máis estendida sobre a conmemoración do 8 de marzo fai referencia aos feitos que sucederon nesa mesma data no ano 1908. Morreron calcinadas 146 mulleres traballadoras nun incendio na fábrica téxtil Cotton de Nova York, cando lles lanzaron bombas por non abandonaren o encerro que protagonizaban para protestar polos baixos salarios e as condicións laborais que padecían.

Hoxe celébranse numerosos actos por toda España para lembrar este día e, por iso, é unha boa oportunidade para falar de muller e conciliación, xa que esta é a ferramenta clave para chegar a unha igualdade real entre homes e mulleres. Compaxinar as responsabilidades laborais coas familiares segue a ser unha tarefa difícil, aínda que cada vez se é máis consciente da necesidade dunha conciliación real, porque sen dúbida beneficia a todos: a persoa empregada, que non descoida as atencións que a súa familia require, e a empresa, á que lle repercute moi positivamente o benestar dos seus traballadores.

Desde a Fundación Alares búscase que a conciliación sexa un feito no ámbito laboral, xa que entre os seus principios está traballar pola igualdade.