Como cada 8 de marzo, hoxe celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora, unha data que, en certo modo, nos obriga a analizar os principais retos para alcanzar a igualdade real entre homes e mulleres.
Moitas mulleres tiveron grandes dificultades para conciliar a súa faceta laboral coa súa vida familiar, o que, sen dúbida ningunha, complicou a igualdade plena entre homes e mulleres e require o impulso de políticas neste ámbito.
Segundo datos da oficina estatística da UE, Eurostat, España está na parte máis baixa da lista de países europeos en materia de conciliación. De feito, no noso país só traballa o 63,2 % das nais que teñen un fillo, o 60,3 % das que teñen dous e o 49 % das que teñen tres ou máis.
Hoxe mesmo, e con motivo da celebración deste día, a Unión Europea adoptou un novo Pacto pola Igualdade de Xénero para o período 2011-2020, que substitúe o aprobado en marzo de 2006 por iniciativa de seis Estados membros: España, Suecia, República Checa, Francia, Finlandia e Dinamarca.
Entre as prioridades deste novo pacto están eliminar as desigualdades de xénero no ámbito do emprego e mellorar a conciliación entre a vida profesional e privada de mulleres e homes.
Polo que se refire á conciliación, este Pacto explica que os gobernos deberán actuar para que haxa escolas infantís suficientes e a prezos alcanzables para atender polo menos o 30 % dos nenos menores de 3 anos; mellorar as infraestruturas de acollida e atención para persoas dependentes e facilitar fórmulas flexibles de traballo.
8 de marzo, Día da Muller Traballadora