A semana pasada, o Comité das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, un órgano de expertos independentes que ten como obxectivo supervisar a aplicación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, reuniuse en Xenebra.
Durante as tres sesións que se celebraron, o Comité elaborou as directrices para a presentación de informes que lle van permitir comezar coa súa principal función: revisar todos aqueles que os Estados Partes adoptasen para cumprir coas obrigas establecidas na Convención e nos que constan os progresos realizados ao respecto.
Este Comité forma parte dos esforzos que a Alta Comisionada para os Dereitos Humanos está a realizar para eliminar a inxustiza, a desigualdade e a discriminación, co fin de crear así unha sociedade máis xusta que cubra as necesidades de todas as persoas por igual, sen facer distincións.
O encargado de inaugurar a terceira sesión foi Ibrahim Salama, director da División de Tratados de Dereitos Humanos da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas, quen informou o equipo que integra o Comité do lanzamento dun Plan Estratéxico de Actuación 2010-2011, no que se inclúe unha estratexia de comunicación para aumentar o coñecemento da existencia do procedemento de presentación de queixas individuais con referencia a todos os tratados internacionais.
Xa son 80 os países que ratificaron a Convención; o último en facelo foi Francia e, grazas a isto, o Comité ampliarase con seis novos expertos, o que achegará un maior valor ao traballo do Comité.
O vindeiro mes de maio, o Comité pechará o seu período de sesións coa reunión que manterá cos Estados Partes, que terán que presentar os seus informes.
80 países xa ratificaron a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade