Un mes para a celebración dos Premios Alares 2010

Máis de 220 candidaturas na última edición dos Premios Alares avalan este galardón como o premio por excelencia no recoñecemento do labor de conciliación da vida laboral, familiar e persoal que realizan as entidades do noso país.

Por cuarto ano consecutivo, este premio, ademais de recoñecer o traballo que realizan as empresas en materia de conciliación, ten como obxectivo concienciar a sociedade da importancia de apostar pola innovación en favor da calidade de vida.

Os Premios Nacionais Alares teñen dez candidaturas distintas que recoñecen, por exemplo, o labor de conciliación de entidades, empresas, medios de comunicación, directivos ou universidades.
De entre todas as persoas aspirantes a estes premios, seleccionaranse as gañadoras atendendo aos méritos presentados en cada candidatura e ao grao de innovación e aplicabilidade xeneralizada das experiencias demostradas.