
• As empresas de servizos, as consultoras e as de alimentación son as que mellor permiten conciliar a vida laboral e familiar.
• A Fundación Alares entregará o 24 de xuño os IX Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal e á Responsabilidade Social Corporativa.
A flexibilidade horaria e os servizos asistenciais aos empregados e ás súas familias reducen o absentismo laboral nas empresas españolas ata nun 40 %, segundo un estudo realizado pola Fundación Alares. Entre as medidas máis efectivas atópanse os servizos asistenciais á familia, que contribúen a reducir o absentismo arredor dun 30 %; a flexibilidade horaria, arredor dun 25 %; os permisos para asistir a reunións dos centros escolares, nun 20 %; o acompañamento de familiares enfermos de cancro, nun 14 %; e os hábitos saudables, nun 10 %.
Os datos proceden dun estudo realizado pola Fundación Alares entre as preto de 1.500 empresas que se presentaron desde 2007 (na súa correspondente categoría) aos Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal e á Responsabilidade Social Corporativa. Uns premios que o vindeiro 24 de xuño celebrarán en Madrid a súa novena edición, baixo a presidencia de honra das súas maxestades os reis de España.
Os sectores máis ‘conciliadores’
O estudo pon de manifesto que a preocupación por facilitar a conciliación da vida familiar, laboral e persoal é cada vez maior en todas as empresas; e que tamén aumentou notablemente entre as pemes. A maioría dos sectores da economía española estiveron representados nestes premios, que constataron como, progresivamente, se foron incorporando á realidade da conciliación sectores que tradicionalmente non a aplicaban.
Ao longo de todos estes anos, o sector servizos foi o máis representado, cun 22,50 % do total de empresas; seguido da consultoría, cun 15 %; a industria alimentaria, cun 13,17 %; as TIC, cun 9 %; formación e educación, cun 8,17 %; seguros, cun 6 %; farmacéuticas, cun 4,67 %; loxística, cun 4,50 %; editorial, cun 3,17 %; automoción e entidades financeiras, cun 3 %; turismo, cun 2,83 %; construción, cun 2,50 %; seguridade, cun 1,50 %; e enerxético, cun 1 %.
Inscrición para a gala de entrega dos Premios Nacionais Alares, aquí.


