ActionCare, un modelo de negocio baseado nun investimento mínimo e unha alta rendibilidade, para que calquera persoa, independentemente do seu nivel cultural ou económico, poida conseguir a súa independencia laboral e financeira
Cun investimento mínimo, duns 600 euros, a garantía dunha marca ben posicionada e o respaldo de Alares, empresa líder na prestación de servizos de asistencia en toda España e Portugal, 24 horas ao día e 365 días ao ano, a microfranquía ActionCare preséntase como unha saída profesional ao alcance de todas as persoas
Grazas a un investimento mínimo, de arredor de 600 euros, e á garantía que proporciona unha marca ben posicionada no mercado, ActionCare preséntase como unha opción de autoemprego moi atractiva. Coa posibilidade de compatibilizala con outras obrigas, sitúase entre as primeiras franquías españolas con capacidade para funcionar como un negocio de éxito, accesible para a gran maioría da sociedade, e cuxo obxectivo se basea en proporcionar os servizos sociosanitarios máis demandados polas persoas e as familias.
A rendibilidade de ActionCare está enfocada exclusivamente aos beneficios dos clientes, o que fai que o produto que ofrece resulte de interese para potenciais clientes. Ademais, a actual conxuntura económica está a xerar unha enorme oportunidade para os emprendedores que queren apostar por unha sociedade con maior calidade de vida e benestar. En ActionCare a aposta é inmellorable, xa que os nosos produtos son servizos sociosanitarios capaces de atender as persoas e as familias nas necesidades do seu día a día, o único sector con previsión de crecemento nos próximos anos debido á ausencia de recursos por parte da Administración pública. Ademais, con estes servizos atendemos as necesidades de calquera tipo de familia e axudamos así á conciliación da vida laboral e persoal. É un sector cunha gran demanda na actualidade e que, debido ao inevitable envellecemento da poboación, a medio e longo prazo terá aínda máis demanda.
En palabras de Marta Veganzones, directora de ActionCare, "O que queremos é que, cun investimento mínimo e sen necesidade dunha dedicación plena, os franquiciados de ActionCare poidan desenvolver o seu propio negocio, achegando benestar e calidade de vida á sociedade, coa vantaxe de que son produtos de gran calidade, pero con custos moi accesibles, ao alcance de calquera persoa ou familia, o que fai deles produtos cun potencial enorme"
ActionCare é, polo tanto, un modelo de negocio moi revolucionario porque se adapta ás circunstancias actuais de todas aquelas persoas que hoxe queren emprender o seu negocio minimizando os seus riscos ao eliminar custos fixos, como por exemplo ter un local, e achegando servizos cunha demanda completa, xerando un tipo de negocio que se adapta ao perfil do franquiciado, tanto se quere unha dedicación completa como se quere só unha dedicación parcial.
A solución para a economía de hoxe
O cliente potencial é practicamente o 75 % da poboación española, cuxas necesidades do día a día non están cubertas e precisan que profesionais se ocupen delas. Deste xeito, os franquiciados deActionCare poden comercializar servizos como: axuda persoal a domicilio, TeleFarmacia, TeleAsistencia, selección de persoal de coidados e asistencia no fogar, consultas telefónicas ilimitadas a especialistas —avogados, médicos, psicólogos, dietistas...—. É dicir, toda unha serie de servizos deseñados para facilitar o día a día das persoas e as familias, na súa maioría sen tempo para poder ocuparse destas cuestións.
Para Javier Benavente, presidente de ActionCare, "Trátase da primeira organización que garante atención sociosanitaria de calidade a través dun innovador sistema de distribución, no que un franquiciado é capaz de ofrecerlles aos seus familiares e amigos os servizos que necesitan na súa vida. Todo iso co obxectivo de facilitarlles aos cidadáns o acceso aos profesionais a un prezo competitivo, ao alcance de calquera familia de clase media".
Cun modelo de negocio capaz de adaptarse a calquera perfil profesional, ActionCare é o futuro para moitos emprendedores que actualmente buscan unha nova fórmula para desenvolver a súa carreira empresarial.


