AERCE, novo socio institucional da Fundación Alares

Mellorar a calidade de vida é un dos principios da Fundación Alares nos que se basea o convenio de colaboración con AERCE (Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos). O novo socio institucional da fundación quere deixar patente que aposta pola igualdade, a diversidade e a conciliación, como ferramentas para que os seus asociados poidan seguir traballando a prol da responsabilidade social. Ademais, a integración social e laboral das persoas con discapacidade será un dos principios nos que AERCE e Fundación Alares dedicarán máis esforzos, xa que é necesario que as organizacións vexan neste colectivo a posibilidade de seren máis competitivas.

AERCE e a Fundación Alares® queren que esta sinatura sirva para promover iniciativas coas que compartir e intercambiar experiencias de interese. Ferramentas como seminarios, conferencias ou os programas formativos… funcionarán como plataformas para que ambas as institucións poidan expoñer as súas necesidades e servizos.

Ademais, ambas as entidades xestionarán proxectos e accións para mellorar a calidade de vida das persoas que, sen dúbida, repercutirán no desenvolvemento profesional e na competitividade empresarial. Neste sentido, tamén se levarán a cabo colaboracións en materia de formación que creen sistemas de xestión do coñecemento ou de desenvolvemento profesional, co fin de mellorar o potencial das empresas socias.

Todos os proxectos e accións comúns entre ambas as entidades efectuaranse a partir dunha comisión conxunta, onde ambas as institucións terán voz e voto.

Web de AERCE

Máis información aquí