Alares e Nestwork lanzan Alares Contigo, un servizo de Teleasistencia móbil que ofrece atención permanente en caso de emerxencia e seguimento personalizado 24 h ás persoas maiores ou dependentes
Segundo diferentes estatísticas, 9 de cada 10 persoas maiores ou dependentes prefiren estar no seu propio domicilio antes ca nunha residencia, polo que o dispositivo é a solución necesaria para mellorar a calidade de vida e a tranquilidade do usuario, así como das persoas da súa contorna.
O servizo utiliza o dispositivo eNest, capaz de detectar situacións de risco e de manter o usuario localizado en calquera momento.
Alares e Nestwork lanzan Alares Contigo, un servizo de Teleasistencia móbil que ofrece atención permanente en caso de emerxencia e seguimento personalizado 24 h. Así como axuda a domicilio, un asistente persoal telefónico e consultas telefónicas a expertos médicos para axudar no seu día a día ao cliente de Alares Contigo.
O servizo é eficaz tanto dentro como fóra do fogar, polo que proporciona liberdade, independencia e tranquilidade aos usuarios, familiares e coidadores. Os datos actuais móstrannos que as persoas maiores de 65 anos representan arredor dun 20 % da poboación total e estímase que en 2050 esta porcentaxe chegue ao 30 %, polo que o servizo se converte nunha necesidade para poder garantir a calidade de vida das persoas maiores e dependentes do noso país.
O servizo Alares Contigo, dispoñible en farmacias seleccionadas desde xullo, é o resultado dos 25 anos de experiencia no sector da asistencia persoal e familiar de Alares e da avanzada tecnoloxía de Nestwork. Ambos combinan a súa experiencia e esforzo para desenvolver este proxecto a partir dunha visión común: unir a mellor tecnoloxía e a mellor asistencia para ofrecer un servizo avanzado e completo aos que máis o necesitan.
Alares Contigo incorpora o dispositivo móbil de seguridade persoal eNest
Alares Contigo incorpora o dispositivo móbil de seguridade persoal eNest, especialmente destinado á monitorización e localización de persoas que, por distintas causas, poden chegar a atoparse nunha situación de risco. O dispositivo, que consta dun sinxelo terminal e dunha pulseira, permite que os usuarios se manteñan localizados en todo momento e que, en caso de emerxencia, poidan ser atendidos rapidamente mediante a simple pulsación dun sinxelo botón. Ademais, eNest conta con alarmas proactivas e é capaz de detectar caídas, períodos de inactividade, excesos de velocidade e entradas ou saídas dunha área de seguridade.
Ao contratar Alares Contigo, eNest enviará automaticamente estas alarmas á Central de Asistencia 24 h de Alares, onde profesionais sociais e sanitarios atenderán o usuario. O servizo de Teleasistencia complétase cun asistente persoal telefónico que poderá xestionar en nome do usuario todo o que este precise -dar de baixa un recibo, avisar un fontaneiro, xestionar trámites administrativos…- e con consultas telefónicas ilimitadas a médicos, psicólogos, dietistas-nutricionistas e expertos sociais. Ademais, durante a convalecencia ofrécense gratuitamente 4 horas ao ano de axuda persoal a domicilio.
O servizo tamén dispón dunha plataforma web cunha interface sinxela e fiable á que os familiares ou persoas próximas ao usuario poden acceder para visualizar as alarmas e comprobar a súa localización. Isto é posible grazas a que eNest tamén é un localizador, que conta con tecnoloxías GPS e GSM para a localización en exteriores, pero tamén cunha innovadora localización por Wifi en interiores.
Este servizo de asistencia diríxese principalmente a persoas maiores ou dependentes, pero tamén pode resultar útil para outros segmentos, como nenos, deportistas e traballadores solitarios.Alares Contigo comeza a comercializarse este mes de xullo a través de farmacias seleccionadas do Arco Mediterráneo –desde Málaga ata Girona– e de Madrid e Albacete. Non obstante, está previsto que nos próximos meses, despois de que o servizo se consolide nestas zonas, se estenda ao resto do país.
Tras adquirir o dispositivo eNest na farmacia, o proceso de alta no servizo é áxil, sen esperas nin papeis, e realizarase por vía telefónica chamando ao 91 275 05 77.