Alares estará presente na II Feira de Recursos e Servizos de Cartaxena, Murcia

Alares, empresa experta en asistencia familiar e empresa líder española na prestación de servizos sociosanitarios para grandes colectivos, estará presente na II Feira de Recursos e Servizos «Maiores con Actividade» de Cartaxena (Murcia), que terá lugar os días 18, 19 e 20 de abril de 2008.

Con esta feira trátase de impulsar os clubs de maiores, a través da difusión de iniciativas e actividades realizadas por estes, dar a coñecer os recursos e servizos que contribúan a unha vellez activa e plena, fomentar o seu encontro mediante actividades de interese, ademais de ofrecerlles información sobre temas de interese para este colectivo,…
A feira pretende abranguer aqueles ámbitos que permiten mellorar a calidade de vida das persoas dependentes e maiores, a través das propostas que ofrecen tanto a Administración pública como o sector privado. Por este motivo, presentaranse os servizos que ofrece Alares®, xa que son a mellor solución para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, ademais de facilitar a tranquilidade dos seus familiares e coidadores.

Alares® xa está presente na Comunidade de Murcia, con oficinas en Cartaxena e Torre Pacheco, prestando servizos de teleasistencia para o Concello de Cartaxena a todas as persoas maiores que o solicitaron ao concello, e xestiona centros de día na comunidade, como os de Mula e o IMAS (Instituto de Acción Social).