Este Salón, que se celebrará na Feira de Barcelona, é o primeiro en promover a creación, o desenvolvemento e a comercialización de novas tecnoloxías, produtos e servizos para a mellora da autonomía e a calidade de vida das persoas. Unha oportunidade inmellorable para compartir proxectos dirixidos a facilitar a vida ás persoas maiores ou con discapacidade, mellorando a eficacia do servizo sociosanitario do noso país.
Alares, Expertos en Asistencia Familiar, desenvolveu o servizo de TELEASISTENCIA MÓBIL “Alares® Sempre Contigo”, o servizo de teleasistencia –sistema de prevención e axuda as 24 horas dos 365 días do ano dirixido a persoas en situación de risco– máis avanzado que existe no noso país, e permite, a través dun teléfono móbil específico, que as persoas que o precisen dispoñan de comunicación total cos seus familiares, na zona en que se atopen, e de asistencia permanente ante situacións de emerxencia, no día a día, tanto dentro como fóra do seu domicilio, dirixido a persoas maiores, nenos que pasan tempo sós, persoas con discapacidade, embarazos de risco, situacións de violencia doméstica, enfermos, etc. Achegando así seguridade, tranquilidade, independencia e autonomía onde queira que se atope. Poderán atopalo no posto de Vodafone, D 424Alares presente en Avante, o primeiro Salón para a Autonomía Persoal e a Calidade de Vida
Alares, Expertos en Asistencia Familiar, estará presente no Primeiro Salón para a Autonomía Persoal e a Calidade de Vida que terá lugar en Barcelona os días 5, 6 e 7 de xuño.


