Alares®, entidade experta en asistencia familiar, iniciou a xestión do Servizo de Axuda a Domicilio de Mazarrón, na Rexión de Murcia, concretamente para un total de 87 usuarios.
Este servizo, que Alares® comezou a prestar o pasado 10 de xuño, terá unha vixencia de dous anos, prorrogable ata catro. Durante todo este período de colaboración, Alares® atenderá as necesidades dos usuarios nos seus domicilios, cun obxectivo claro: mellorar a calidade de vida das persoas maiores e mantelas no seu contorno habitual, en Mazarrón e nas súas pedanías. Todo iso seguindo as máis estritas normas de calidade establecidas por Alares®, auditadas por AENOR e avaladas pola certificación UNE-EN ISO 9001/2000.
As prestacións serán tanto de atención persoal como de tarefas domésticas (acompañamento, hixiene persoal, axuda para erguerse e deitarse, mobilización, pasar o ferro, cociñar, limpar...).
Os servizos de Alares® non só fomentarán o mantemento das persoas dependentes no seu fogar, senón que tamén achegarán solucións para diminuír as estancias hospitalarias, reducir as listas de espera, diminuír a demanda de prazas en residencias e apoiar os usuarios e as súas familias.
Coa xestión do servizo, Alares® continúa coa súa estratexia de que particulares, empresas e institucións participen no proceso colectivo de construír unha realidade social cunha mellor calidade de vida para a cidadanía.


