Alares participa no Primeiro Encontro Europeo de Servizos ás Persoas en París

Joan Piñol, director xeral de Alares, foi o encargado de presentar os servizos para as persoas que a compañía ofrece en España.

O pasado mes de novembro, Alares, Expertos en Asistencia Familiar, participou como convidada da Axencia Nacional de Servizos para as Persoas no Primeiro Encontro Europeo de Servizos para as Persoas, celebrado en París. Joan Piñol, director xeral de Alares®, foi un dos relatores asistentes ao evento, xunto con máis dunha trintena de autoridades europeas.

A conferencia de Piñol permitiu intercambiar ideas e experiencias sobre os servizos sociais en España. Alares, empresa pioneira e líder en servizos para as persoas e a familia, con máis de 700.000 beneficiarios, foi o modelo de iniciativa privada que representou o noso país.

O Primeiro Encontro Europeo de Servizos para as Persoas é un acontecemento fundamental para todas aquelas persoas que traballan na xestión e na implantación de servizos sociais e sanitarios de calidade.