Alares participa na xornada: Empresas e Conciliación. Casos de éxito
Co obxectivo de reflexionar sobre a importancia de fomentar a conciliación no tecido empresarial español ante un cambio social provocado en gran medida pola incorporación da muller ao mundo laboral, APD e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia organizaron a xornada “Empresas e conciliación. Casos de éxito”, na que participou Grupo Alares.
Promover políticas de igualdade e conciliación, ademais de satisfacer as necesidades dos traballadores e directivos, tamén son elementos de atracción e retención de talento para as organizacións. Por iso, as entidades que apostan pola conciliación e a igualdade de oportunidades desenvolven unha nova cultura organizativa que supón un valor engadido.
Mediante a súa participación nesta xornada, Grupo Alares® explicou en que consiste o Programa Alares® de asistencia familiar como ferramenta imprescindible das institucións e empresas para garantir a calidade de vida e axudar á conciliación da vida familiar, persoal e laboral dos seus empregados.
E é que, sen dúbida, manter o equilibrio entre o traballo e a familia é imprescindible para promover a felicidade entre os empregados, pero tamén para facilitar a inserción das mulleres no mundo laboral e promover a igualdade de oportunidades.
Porén, é necesario cambiar a cultura empresarial existente, que tende a considerar a conciliación como traballar menos, cando en realidade consiste en facelo de forma distinta. Fronte a esta idea, cada vez son máis as persoas que valoran positivamente, á hora de buscar ou cambiar de traballo, o feito de que a empresa lles ofreza programas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida.


