Alares ofrece o seu Programa de Conciliación aos empregados de Wolters Kluwer

Desde o 1 de outubro de 2008, Alares®, entidade experta en asistencia familiar, proporciona aos empregados de Wolters Kluwer e aos seus familiares máis directos (pais, cónxuxes, fillos menores de 23 anos e sogros) os seus servizos de asistencia familiar a través do seu Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal dirixido ás empresas. Os Servizos de Alares® —que se facilitarán en calquera punto do territorio nacional—, están deseñados para cubrir un amplo abano de necesidades que xorden no día a día motivadas por unha enfermidade, un accidente ou un postoperatorio… e alteran o día a día das persoas.

Wolters Kluwer España é unha compañía especializada en servizos de información, formación e software. O seu principal obxectivo é ofrecerlles aos profesionais a mellor información e ferramentas para permitirlles tomar decisións empresariais de forma eficiente e mellorar a súa produtividade.

O Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal de Alares® recibiu o galardón «Premios Imserso Infanta Cristina, 2004» á Innovación e ao mellor Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Este Programa —que opera no mercado español desde 1999— segue uns procedementos auditados por AENOR e avalados pola certificación de calidade UNE-EN ISO 9001/2000. Alares® é a única empresa en España que garante a prestación directa dos seus servizos asistenciais e sociosanitarios en calquera punto da xeografía española, o que garante a asistencia tanto aos empregados como aos seus familiares alí onde se atopen.

O Programa abrangue a prestación dos seguintes servizos:

  • Axuda Persoal a Domicilio: auxiliares para acompañar, erguer, deitar, dar de comer e coidar nenos enfermos.
  • Tratamentos Especializados a Domicilio: fisioterapeutas, psicólogos, ATS/DUE e profesores particulares para nenos en caso de enfermidade.
  • Teleasistencia Preventiva e Asistencial Móbil 24 horas: Fixa e Móbil: sistema de prevención e axuda dirixido a calquera persoa en situación de risco que requira atención inmediata as 24 horas do día. Entendemos por situación de risco: postoperatorios, violencia de xénero, nenos menores de 15 anos que pasan tempo sós polos horarios laborais dos pais, persoas con discapacidade, persoas maiores, embarazos de risco.
  • Consultas Telefónicas Ilimitadas e Anónimas a Especialistas nas Áreas: Médica, Xurídica, Psicolóxica, Social e Dietética-nutricional
  • Selección de Profesionais de Asistencia Sociosanitaria, de Persoal de Servizo Doméstico ou Coidado de Nenos
  • Segunda Opinión Médica Internacional ante Enfermidade ou Lesión Grave, tanto no seu diagnóstico como no seu tratamento.
  • Rede Médica Concertada, Dental, de Benestar e Beleza: acceso a médicos xerais e especialistas, así como a centros dentais e de estética e balnearios con importantes descontos sobre as súas tarifas.
Coa prestación de servizos a Wolters Kluwer, Alares® continúa a súa estratexia orientada a cumprir un dos seus obxectivos prioritarios: contribuír a que particulares, empresas e institucións participen no proceso colectivo de construír unha realidade social cunha mellor calidade de vida cidadá.