En España, a compañía Wrigley comercializa os chicles Orbit e Boomer e os caramelos Sugus e Solano.
A partir do pasado 1 de abril de 2008, Alares®, entidade Experta en Asistencia Familiar, comezou a proporcionar aos empregados de Wrigley España e aos seus familiares directos (pais, cónxuxe e fillos) os seus servizos de asistencia familiar a través do seu Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal dirixido a empresas.
Os servizos de Alares®, que se facilitarán en calquera punto do territorio nacional, están deseñados para cubrir un amplo abano de necesidades que xorden no día a día motivadas por enfermidade, accidente ou postoperatorio… e que alteran a calidade de vida das persoas.
O éxito de Wrigley radica nas persoas que diariamente están implicadas no negocio, comprometidas coa calidade, que traballan en equipo en todas as áreas e a todos os niveis.
Hoxe en día, estes valores convertéronse no corazón do negocio da compañía e deron lugar ao que en Wrigley chaman «a alma da compañía». Como empresa comprometida cos seus empregados, Wrigley segue traballando día a día para mellorar as súas condicións laborais en diferentes ámbitos, como o desenvolvemento e a formación persoal ou a conciliación entre a vida laboral e familiar. Un exemplo disto vese claramente reflectido na implantación do Programa Alares® para todos os seus asociados en España.
O Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal de Alares® conta co galardón «Premios Imserso Infanta Cristina, 2004», á Innovación e ao mellor Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
Este programa —que opera no mercado español desde 1999— segue uns procedementos auditados por AENOR e avalados pola certificación de calidade UNE-EN ISO 9001/2000. Alares® é a única empresa en España que garante a prestación directa, sen subcontratación nin franquías, dos seus servizos asistenciais e sociosanitarios en calquera punto da xeografía española, o que garante a asistencia personalizada aos empregados e aos seus familiares alí onde se atopen.
A implantación do Programa de Conciliación por parte de Alares® beneficia esta compañía, xa que aumenta directamente a motivación laboral do empregado e indirectamente a competitividade da empresa. O programa inclúe a prestación gratuíta dos seguintes servizos:
• Axuda persoal a domicilio: auxiliares para acompañar, erguer, deitar, dar de comer e coidar nenos enfermos.
• Tratamentos especializados a domicilio: fisioterapeutas, psicólogos, ATS/DUE e profesores particulares para nenos en caso de enfermidade.
• Consultas telefónicas ilimitadas e anónimas aos nosos especialistas nas áreas médica, xurídica, psicolóxica, social e dietético-nutricional.
• Selección de profesionais de asistencia sociosanitaria, de persoal de servizo doméstico ou de coidado de nenos.
• Segunda opinión médica internacional ante unha enfermidade ou lesión grave, tanto no diagnóstico como no tratamento.
• Teleasistencia preventiva e asistencial, fixa ou móbil, 24 horas.
• Ademais, en condicións vantaxosas, poderá acceder a: rede médica concertada a prezos baremados, xestión de reparacións no fogar e servizo de cangureiros.
Coa prestación de servizos a Wrigley, Alares® continúa a súa estratexia orientada a cumprir un dos seus obxectivos prioritarios: contribuír a que particulares, empresas e institucións participen no proceso colectivo de construír unha realidade social cunha mellor calidade de vida cidadá.