Alares® proporcionará o seu programa de Conciliación aos empregados de Accor Services

A partir do vindeiro mes de xaneiro de 2008, Alares®, entidade experta en asistencia familiar, proporcionará aos empregados de Accor Services e aos seus familiares máis directos os seus servizos de asistencia familiar a través do seu Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal dirixido ás empresas. Os Servizos de Alares® —que se facilitarán en calquera punto do territorio nacional— están deseñados para cubrir un amplo abano de necesidades que xorden no día a día motivadas por enfermidade, accidente ou postoperatorio, e que alteran a vida das persoas. Accor Services, segunda actividade estratéxica do Grupo Hoteleiro Accor (líder europeo da hostalaría, con máis de 4.000 hoteis en 100 países), é líder mundial na emisión de vales de servizos. Con 23 millóns de usuarios en todo o mundo e máis dun millón de establecementos afiliados, Accor Services deseña, desenvolve e xestiona solucións innovadoras como Ticket Restaurant®, Ticket Guarderia®, Ticket Informática® ou Ticket Compliments®. Nomeada durante dous anos consecutivos Best Places to Work, Accor Services España promove a conciliación e o benestar dos seus empregados, do mesmo xeito que o fai entre as súas empresas clientes grazas aos produtos e servizos que comercializa.

O Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal de Alares® conta co galardón «Premios Imserso Infanta Cristina, 2004» á Innovación e ao mellor Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Este Programa —que opera no mercado español desde 1999— segue uns procedementos auditados por AENOR e avalados pola certificación de calidade UNE-EN ISO 9001/2000. Alares® é a única empresa en España que garante a prestación directa dos seus servizos asistenciais e sociosanitarios en calquera punto da xeografía nacional, o que garante a asistencia aos familiares dos empregados alí onde se atopen. A implantación do Programa de Conciliación por parte de Alares® beneficia esta Compañía, xa que aumenta directamente a motivación laboral do empregado e, indirectamente, a competitividade da empresa. O Programa abrangue a prestación dos seguintes servizos: • Axuda Persoal a Domicilio: auxiliares para acompañamento, erguer, deitar, dar de comer e coidar nenos enfermos. • Tratamentos Especializados a Domicilio: fisioterapeutas, psicólogos, ATS/DUE e profesores particulares para nenos en caso de enfermidade. • Consultas Telefónicas Ilimitadas e Anónimas nas Áreas: médica, xurídica, psicolóxica, social e dietética-nutricional. • Selección de Profesionais de Asistencia Sociosanitaria, de Persoal de Servizo Doméstico ou de Coidado de Nenos. Coa prestación de servizos a Accor Services, Alares® continúa a súa estratexia orientada a cumprir un dos seus obxectivos prioritarios: contribuír a que particulares, empresas e institucións participen no proceso colectivo de construír unha realidade social cunha mellor calidade de vida cidadá.