Alares reparte flores un ano máis con motivo do Día Internacional da Discapacidade

Alares reparte flores un ano máis con motivo do Día Internacional da Discapacidade

Alares, por terceiro ano consecutivo, na súa aposta por contribuír á integración definitiva das Persoas con Discapacidade, quere sensibilizar a sociedade coa iniciativa “Reparte flores", que nos anos anteriores colleitou un gran éxito. Máis de 30.000 persoas sumáronse a esta campaña, co fin de mostrar o seu compromiso coa discapacidade. Mantén o seu obxectivo inicial: concienciar para alcanzar a normalización, porque só así se conseguirá a inclusión laboral e social baseada na igualdade de oportunidades.

É vital apostar polo talento destas persoas, que contan con formacións adecuadas, gran implicación e motivación, e teñen a capacidade de facer o seu traballo baixo os máximos estándares de calidade, aumentando a produtividade de calquera empresa.

Nesta liña, ao longo de 2015 e respecto ao ano anterior, aumentou o número de contratacións nun 27 %, con previsións de superar o 30 % antes de finalizar o ano. A Metodoloxía Alares aplicada á Xestión de Persoas, xestionada por Alares Social Centro Especial de Emprego (CEE) e Fundación Alares, é a base na que se fundamenta este crecemento, que ten como característica principal o desenvolvemento profesional e a satisfacción das persoas que traballan na dita entidade, así como o alto nivel de calidade que perciben os seus clientes.

En concreto, Fundación Alares realiza durante todo o ano numerosas xornadas de formación para empresas, programas de sensibilización social e empresarial, así como formacións específicas, que pretenden facilitar o acceso ao mercado laboral destas persoas. O ano pasado, formáronse case 400 persoas, que adquiriron as aptitudes e habilidades necesarias para acceder máis facilmente e en mellores condicións ao mercado laboral. Por todo iso, aproveitando un ano máis o Día Internacional da Discapacidade, que se celebra o vindeiro 3 de decembro, Alares quere chegar novamente ao maior número de persoas coa iniciativa “Reparte flores”.

A idea, un ano máis, é compartir, entre todos, a través das redes sociais, do correo electrónico e/ou de WhatsApp, unha flor que integra as distintas discapacidades e que pretende dar visibilidade non só neste día, senón sempre, á Discapacidade como parte integrante e enriquecedora da nosa sociedade. Tamén se creou o hashtag #FlorPorLaDiscapacidad.

DESCARGA A TÚA FLOR