Alares Social CEE asiste á gravación do novo programa de La2 «Un Mundo Mejor»

O novo espazo de TVE, “Un Mundo Mellor”, incluirá cada semana historias de persoas, empresas, asociacións ou recoñecementos como os Telefónica Ability Awards que mostran que, coa colaboración de todos, podemos construír unha sociedade máis solidaria e que valore por igual as persoas con e sen discapacidades.

Grazas aos Telefónica Ability Awards, Alares Social CEE poderá asistir á gravación do programa de La2 “Un Mundo Mellor”

O programa está presentado por Bertín Osborne, gran coñecedor destes temas xa que ten un fillo con discapacidade, e copresentado por Sheila Izquierdo, que traballaba ata agora no concurso “Cifras y Letras”.

O programa emitirase os domingos pola tarde durante unha hora, na que, segundo dixo Osborne, escoitaremos “voces de persoas cuxo afán de superación é admirable”.

“Un Mundo Mellor” terá tres bloques: “Historia diferente”, protagonizada por unha asociación, fundación ou grupo de persoas que colaboran axudando a xente necesitada, ou por nais, pais ou persoas afectadas directamente por calquera tipo de enfermidade das denominadas “raras”; “Pensa en positivo, no que darán a coñecer unha das empresas que optan aos Telefónica Ability Awards; e “Amigos solidarios”, no que unha persoa célebre (cantante, deportista, presentador…) ou anónima que habitualmente colabore, pertenza ou teña algunha asociación ou fundación contará no plató a actividade que realiza.

Máis información aquí