O aumento do cadro de persoal reflíctese, sobre todo, a través da elevada demanda de servizos de Call Center e Atención Telefónica, o que derivou mesmo no traslado a outro centro que se adapte ás necesidades, tanto de espazo como de ampliación de infraestruturas e tecnoloxías modernas, que deben dar servizo ás novas demandas. Ademais, todos os postos están perfectamente adaptados, polo que calquera persoa con mobilidade reducida e que necesite axudas técnicas, como muletas ou cadeira de rodas, pode acceder.
En Alares Social (CEE) traballan máis dun 90 % de Persoas con Discapacidade física, psíquica e sensorial, que desenvolven un servizo excelente baixo os máximos estándares de calidade. Este feito queda avalado polo recente recoñecemento que recibiu o Centro Especial de Emprego o pasado mes de outubro, ao ser galardoado nos Premios CRC ORO pola súa Excelencia na Atención ao Cliente.Alares Social CEE e Fundación Alares na Feira de Emprego para Persoas con Discapacidade
Fundación Alares e Alares Social CEE, firmes na súa defensa da inclusión das Persoas con Discapacidade, participaron os días 13 e 14 de novembro na VIII Feira de Emprego para Persoas con Discapacidade da Comunidade de Madrid, onde o obxectivo principal foi recompilar candidaturas para incorporalas ao mercado laboral.
No posto habilitado puidose informar e asesorar as persoas asistentes sobre as ofertas de traballo actuais; ademais, as persoas que contaban cun perfil curricular axustado ás vacantes que ofrecía Alares Social CEE, ofertas que abranguen perfís de todo tipo, tiveron a oportunidade de realizar alí unha primeira entrevista.
En concreto, 1500 persoas achegáronse ao posto habilitado para presentar a súa candidatura, e máis de 30 persoas pasaron directamente a unha segunda fase de selección.


