AlaresTeLleva: un novo servizo para os condutores máis listos

Por primeira vez, as aseguradoras de pólizas de Auto teñen a oportunidade de facer que os seus clientes conduzan máis tranquilos cando gozan do seu tempo libre. Agora, ademais de coidar do seu coche e solucionar calquera incidente na estrada, as aseguradoras lánzanse a estar máis preto dos seus clientes nos momentos de lecer ou ante situacións especiais derivadas dunha crise do condutor. Para iso, nace o servizo AlaresTeLleva, capaz de atender todas aquelas situacións nas que, por indisposición ou exceso de alcohol, o condutor non está en condicións adecuadas para conducir. Deste xeito, xa se pode saír tranquilamente a xantar, cear ou de festa porque, nos momentos en que as cousas se compliquen, sempre haberá un equipo que se encargará de recoller as persoas e o coche e trasladalas ata onde indiquemos. Do mesmo xeito, o servizo está deseñado para os momentos nos que non apetece ou non convén conducir, pero o cliente desexa desprazarse no seu propio vehículo. Así, AlaresTeLleva encárgase de enviar un chófer para que conduza o vehículo do cliente e o leve ata onde indiquemos.

O servizo AlaresTeLleva pono moi fácil

Con só facer unha chamada, dous condutores desprazaranse nun vehículo de AlaresTeLleva ata o lugar onde se atope a persoa. Unha vez localizada, un dos condutores farase cargo dela, do seu vehículo e dos seus acompañantes para trasladalos ata onde indiquemos. O outro condutor encargarase de acompañar e mesmo de trasladar no vehículo de AlaresTeLleva o resto dos teus acompañantes que non puideron ir no coche. Deste xeito, ti e todos os ocupantes do teu vehículo poderedes chegar ao destino desexado coa seguridade, tranquilidade e garantía de que os profesionais de AlaresTeLleva estarán sempre dispoñibles.

E quen está detrás deste servizo?

Pois, unha vez máis, Alares, líder do sector dos Servizos á Persoa en España, innova nos seus servizos de asistencia persoal, dá resposta ás novas necesidades e ofrece ás compañías de seguros a posibilidade de facer algo diferente polos seus clientes. Unha estratexia de mercadotecnia moi interesante, que complementa a súa longa listaxe de servizos á persoa para fidelizar e conseguir reter a súa carteira de clientes, ademais de contribuír á mellora da Calidade de Vida das persoas, á diminución dos accidentes e á tranquilidade de conducir máis protexidos.