A Fundación Alares, que celebraba o pasado mes de decembro 10 anos, celebra tamén a décima edición dos seus Premios Nacionais Alares.
Un ano máis, e este con especial agarimo, presentamos a décima edición dos Premios Nacionais Alares, uns galardóns que conseguiron ser un referente nacional en materia de conciliación. O seu obxectivo é sensibilizar a sociedade e recoñecer o labor que realizan diferentes institucións, empresas, axentes sociais, directivos, profesores, investigadores e medios de comunicación a favor da conciliación da vida laboral e familiar, e da responsabilidade social.
Para a Fundación Alares, este é o momento máis especial do ano, un ano no que celebramos ter cumprido 10 anos, unha década que nos permitiu ver como se avanzou en materia de conciliación e responsabilidade social. Hoxe máis ca nunca, todas as empresas deben esforzarse por aplicar solucións innovadoras que motiven os seus profesionais e os animen a comprometerse co proxecto empresarial. E máis aínda nun contexto socioeconómico como o actual, no que as políticas de conciliación son o elemento diferenciador e un factor de atracción de talento.
Por este motivo, e porque os programas de conciliación son necesarios para favorecer a xestión da diversidade dos equipos de traballo, algo que as empresas non deben obviar, queremos dar visibilidade a todas estas prácticas, polo que animamos todas as empresas, institucións, iniciativas da sociedade civil, directivos, medios de comunicación, programas audiovisuais, proxectos de innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios, profesores e investigadores a que nos envíen as súas propostas ata o 28 de abril de 2016, data na que remata o prazo para presentalas.
Na pasada edición dos Premios Nacionais Alares foron galardoados nas súas diferentes modalidades: Concello de Pedro Muñoz, Concello de Ordes, da Coruña, Leroy Merlin, Reale Seguros, Ecoembes, Finconsum, Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Madrid, Museo Thyssen-Bornemisza, Asociación Española de Expertos na Relación con Clientes, AEERC, Jerónima Bonafé, presidenta de Cooperativas Agroalimentarias, Marcos González, director de Mediaresponsable, Laura Prieto Guijarro, Rosa Villacastín, RTVE, ABC, (sección Conciliación, "O reto da corresponsabilidade" da campaña "Correspóndelle a ti, correspóndenos a nós" de Cruz Vermella, "Ser nai é un plus" de Hirukide, "Clínica en liña" da Mutua Universal Mugenat, Dharma: a vida tras un despedimento (Eduardo Gismena), Universidade de Salamanca (Unidade de Igualdade), Institución Educativa Los Sauces, Alicia E. Kaufmann e Marina Romeo Delgado.
O prazo para presentar candidaturas aos Premios Nacionais Alares 2016 está aberto ata o 28 de abril de 2016. A preinscrición e a consulta das bases poden realizalas en www.fundacionalares.es
Estamos seguros de que este ano volveremos celebrar con éxito unha gala chea de creatividade e recoñecemento, sendo os seus traballos un exemplo que seguir para o resto da sociedade.
A través da seguinte ligazón poderanse consultar integramente as bases da convocatoria, así como as distintas modalidades.


