II Edición dos Premios Nacionais á Excelencia en Prevención de Riscos Laborais destinada ás Persoas con Discapacidade

A Fundación Alares® presenta por segundo ano consecutivo os Premios Nacionais á Excelencia en Prevención de Riscos Laborais destinada ás Persoas con Discapacidade.

Tras o éxito da primeira edición, estes galardóns conseguiron ser un referente no mundo da prevención de riscos laborais no ámbito das persoas con discapacidade, onde a necesidade de investigación e innovación fai destes premios unha fonte de inspiración e motivación.

Un ano máis, a Sociedade de Prevención de Ibermutuamur quere apoiar a iniciativa co seu patrocinio e colaboración técnica, sen a cal non sería posible celebrar este recoñecemento ás organizacións que traballan pola adaptación que realizan e que, sen lugar a dúbidas, contribúe á inclusión.

Desde a Fundación Alares® animamos todas as empresas e organizacións que apostan por mellorar a calidade no emprego a través de medidas que favorezan a inclusión a presentar os seus proxectos e iniciativas.

Convidamos as grandes empresas, pemes, institucións e profesionais de Prevención de Riscos Laborais (PRL) a que nos envíen as súas propostas.

O prazo para presentar candidaturas remata o 15 de maio de 2013.

Máis información en: https://www.alares.es http://www.fundacionalares.es

DESCARGA DAS BASES 2013 EN PDF (Descargar aquí)

ALTA DE CANDIDATURAS (Preme aquí)