X Edición dos Premios Nacionais Alares

Desde a Fundación Alares queremos que participes e presentes a túa candidatura á décima edición dos Premios Nacionais Alares 2016, á Conciliación da Vida Laboral e Familiar e á Responsabilidade Social. Para nós, este é o momento máis especial do ano: un ano no que celebramos ter cumprido 10 anos xuntos, unha década que nos permitiu ver como se avanzou en materia de conciliación e responsabilidade social. Este é o momento de dar visibilidade a todas as políticas de conciliación que desenvolvedes, tan necesarias para a sociedade e que constitúen un elemento diferenciador e un factor de atracción do talento. Para iso podes presentar a túa candidatura nas seguintes categorías: institucións; empresas: pequena, mediana e grande empresa; axentes sociais; directivos; profesionais dos medios de comunicación; información ou programas en medios audiovisuais; innovación e ensaio; universidades, escolas de negocios ou institucións educativas e de investigación; profesores e investigadores. Xuntos podemos facer unha sociedade mellor. Ti seguro que xa o estás facendo. Anímate e cóntanolo. Non podes quedar fóra. Ata o vindeiro 14 de abril aínda estás a tempo de enviarnos a túa candidatura. Consulta aquí as bases.