En 2012, a contratación de persoas con discapacidade en Centros Especiais de Emprego aumentou un 1,87 %, segundo datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE). Non obstante, as empresas teñen unha materia pendente ao respecto: deben apostar máis e mellor pola inclusión de persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. Trátase de ver na economía social unha fonte de riqueza para a organización, onde a incorporación de profesionais con discapacidade é toda unha oportunidade para a diferenciación e o aumento de beneficios. De feito, o informe do SPEE tamén fai referencia ao 1,73 % de persoas con discapacidade que perderon o seu emprego na empresa ordinaria con respecto a 2011. De aí que a economía social se posicione como a fórmula máis axeitada nestes momentos, e proba diso é o traballo que está a desenvolver Alares Social, unha empresa da economía social que traballa pola inclusión de persoas con discapacidade achegando beneficios tanto sociais como económicos.
A filosofía e os principios de Alares Social consisten en velar pola calidade de vida e o benestar das persoas con discapacidade, sen deixar de lado a sustentabilidade dos proxectos. Axudamos as organizacións a cumprir a normativa vixente, mentres alcanzan os seus obxectivos económicos e aumentan a súa competitividade. Os resultados das empresas de economía social, como Alares Social, son positivos e isto demostra a viabilidade das súas actividades e a adecuación ao contorno socioeconómico que estamos a vivir.
Cremos que se pode construír unha sociedade máis xusta, onde a produtividade da organización sexa unha prioridade. De aí que sexa unha opción perfecta para xerar e achegar valor. Sabemos que se pode ser competitivo e líder no sector a través de provedores da economía social, como é o caso de Alares Social. Unha peza perfecta capaz de encaixar dentro dunha estratexia de negocio, onde as persoas son o máis importante.
Máis información en: Alares Social


