As organizacións necesitan xestionar a diversidade do seu capital humano para poder medrar e ser competitivas. Por este motivo, a Fundación Diversidade pon á disposición de todas as partes interesadas unha ampla guía sobre a xestión eficiente da diversidade, na que a non discriminación e a inclusión das persoas, independentemente das súas características persoais, son o máis importante.
O «Libro Branco da Diversidade: unha aposta pola xestión eficiente das persoas nas organizacións» conta co prólogo de Lina Papamichalopoulou, xefa de unidade de Políticas antidiscriminación e coordinación das cuestións relativas á poboación xitana da Dirección Xeral de Xustiza da Comisión Europea, e de Javier Benavente Barrón, presidente da Fundación Diversidade.
Ademais, expertos en diversidade da talla de Sonsoles Morales, Roberto Luna, Bethany Calsy e Asunción Montalvo participaron con artigos nos que analizan a súa visión particular sobre a xestión da diversidade. As empresas patrocinadoras do II Ciclo de Foros da Diversidade, Iberdrola, Indra, Orange e Ferrovial, colaboraron con artigos sobre as súas experiencias na xestión da diversidade.
Descarga o Libro Branco da Diversidade
Aprender máis e mellor a xestionar a diversidade