ARBORA & AUSONIA IMPLANTA PARA TODOS OS SEUS EMPREGADOS E AS SÚAS FAMILIAS O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE Alares®

A partir do pasado 1 de decembro, Alares®, Entidade Experta en Asistencia Familiar, proporciona aos máis de 1.300 empregados de Arbora & Ausonia e aos seus familiares máis directos (pais, cónxuxe ou parella e fillos) os servizos da súa Cobertura Asistencial Familiar. Estes servizos están orientados a favorecer a Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal dos traballadores de Arbora & Ausonia - en calquera punto do territorio nacional-, están deseñados para cubrir un amplo abano de necesidades que xorden no día a día e poden condicionar a calidade de vida das persoas. O Programa engloba diferentes servizos gratuítos tales como:
  • Axuda persoal a domicilio: Coidado físico en caso de enfermidade, atención persoal, acompañamento.
  • Tratamentos especializados a domicilio: Psicólogo, fisioterapeuta….
  • Consultas telefónicas ilimitadas e anónimas a especialistas: áreas médica, xurídica, psicolóxica, social e dietética-nutricional
  • Selección de profesionais de asistencia sociosanitaria, de persoal de servizo doméstico e coidado de nenos.
Ademais, de forma opcional, tamén poderán beneficiarse doutros servizos como:
  • Teleasistencia preventiva e asistencial 24 horas: fixa e móbil
  • Acceso á rede médica concertada
  • Xestión de reparacións no fogar (fontaneiros, electricistas…)
  • Servizo de Canguros: acompañamento de nenos en situacións programadas.
O Programa de Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal de Alares®, conta co galardón “Premios IMSERSO Infanta Cristina, 2004”, á Innovación e ao mellor Programa de Conciliación da Vida Persoal, Familiar e Laboral do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Este Programa conta actualmente con 400.000 beneficiarios e segue uns procedementos auditados por AENOR e avalados pola certificación UNE-EN ISO 9001/2000.