A pesar das dificultades económicas actuais, que en certo modo están limitando as contratacións por parte das empresas, estas apostan cada vez máis pola contratación de persoas con discapacidade. Así o demostran os datos difundidos nun informe do Observatorio Estatal da Discapacidade, que asegura que entre xaneiro e febreiro deste ano se rexistraron un 10,3% máis de contratos ca no mesmo período de 2010.
Esta tendencia de crecemento vénse producindo despois de que en 2008, como consecuencia da crise, os datos de contratación de persoas con discapacidade tocasen fondo. Durante os dous primeiros meses deste ano realizáronse exactamente 9.562 contratos a persoas con discapacidade, fronte aos 8.670 asinados no mesmo período de 2010. Tendo en conta unicamente o mes de febreiro, a cifra ascendeu a 4.954, o que supón un 11,5% máis ca en 2010 e un 29,4% máis respecto de 2009.
Ademais, este informe especifica o número exacto e o tipo de contratos que as empresas realizan ás persoas con discapacidade. Concretamente, 2.597 contratos foron indefinidos, mentres que 6.953 foron temporais, de substitución, de prácticas e de formación.
Por outra banda, os datos ofrecidos polo Observatorio destacan que a conversión de contratos temporais en empregos fixos se incrementou un 35% respecto de febreiro de 2010.
Cómpre lembrar que en España a lexislación vixente en materia de discapacidade, a LISMI, é de obrigado cumprimento para todas aquelas empresas con máis de 50 traballadores. Por iso, e co obxectivo de fomentar a contratación de persoas con discapacidade, organizouse a 1ª Feira Discapacidade&Emprego de Barcelona, posta en marcha pola Asociación Sí Somos Capaces, que se celebrará o vindeiro mes de xuño.
Aumenta a contratación de persoas con discapacidade