Hoxe en día, ter unha empresa competitiva e non preocuparse polas persoas que traballan nela, ou porque o contorno no que operamos teña unha mellor calidade de vida, é condenala ao fracaso. Isto non fará que ningunha empresa sexa competitiva.
Realmente, cando a calidade de vida da sociedade é mellor, o consumo é maior e, polo tanto, as nosas empresas van obter mellores resultados. Para que as persoas empregadas estean implicadas, para que a nosa empresa se diferencie das demais e, por conseguinte, sexa máis competitiva, é vital apostar por esa calidade de vida.
A competitividade é un concepto moi amplo no que entra en xogo o posicionamento no mercado e, para iso, para que o mercado nos recoñeza como os mellores, temos que facer todo mellor ca os demais. Neste sentido é onde entra en xogo o talento humano, a peza fundamental que diferencia unhas empresas doutras.
Tamén entra en xogo, nesta loita por ser líderes e competitivos, a innovación que realizan as empresas para estar na crista da onda. Un factor moi importante son os equipos humanos, uns equipos diversos que reflicten a realidade social. Equipos integrados por persoas con discapacidade, persoas maiores, mozos e mozas, persoas de diferentes culturas e contornos… capaces de comprender o mundo no que se desenvolven e, máis aínda, cando as empresas queren competir e internacionalizarse.
Todo isto está directamente unido á conciliación. É moi difícil dispoñer do mellor talento nas nosas organizacións se non somos capaces de saber cales son as necesidades das persoas que traballan connosco e non lles damos resposta.
Outro tema cada vez máis importante para posicionar a imaxe de calquera empresa na mente da persoa consumidora é a responsabilidade social. O que temos que facer, a nivel organizativo, é ver como unimos o noso negocio ás necesidades sociais que ten o contorno e como, a nivel empresarial, podo facer algo máis para que ese contorno social no que nos movemos poida mellorar. Cando as empresas inflúen nisto, crean marca e posiciónanse na mente da persoa consumidora final.
Sobre competitividade, produtividade, conciliación, retención do talento e outras cuestións nesta liña falou Javier Benavente na entrevista para o programa Capital, de Radio Intereconomia.
Podes escoitar aquí a entrevista completa a Javier Benavente .
A calidade de vida das persoas e a competitividade empresarial van da man