Campus Alares, a aposta por unha formación innovadora e de calidade

Campus Alares, a aposta por unha formación innovadora e de calidade

O Campus Alares é a plataforma de e-learning de Alares Social (CEE) dedicada a impartir cursos en liña

Esta plataforma conta con importantes VALORES DIFERENCIAIS, entre os que destacan a formación bonificada, a compra ao noso CEE para cumprir coa nova Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade, así como a compra responsable, unha ampla variedade de cursos adaptados ás túas necesidades e titoría para axudar o alumnado. En Alares Social apostamos decididamente por unha formación innovadora e de alta calidade, cunha metodoloxía de aprendizaxe que desenvolve as habilidades do alumnado, as súas competencias e o seu desenvolvemento profesional.

Ao contratar a formación con Alares Social, Centro Especial de Emprego (CEE):

  • Poderás bonificar a formación que precises a través da Fundación Tripartita, xestionando de balde a bonificación dos cursos.Imaxe dunha bolsa sorrinte que representa a compra responsable
  • Serve para computar como medida alternativa para cumprir coa LGDPD (Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade).
  • É «compra responsable», xa que somos unha entidade da economía social e o noso certificado de compra outorga vantaxes nun gran número de concursos públicos e/ou na obtención de subvencións. Ademais, estás creando emprego para persoas con discapacidade e impulsando a súa RSC.

As vantaxes do e-learning como novo modelo de educación virtual

Maior flexibilidade: con respecto ao método convencional da clase na aula. Unha vez ofertado un curso, o alumnado pode realizalo en calquera franxa horaria. Ademais, cada alumno pode establecer os seus propios ritmos de aprendizaxe, en función do tempo dispoñible e dos obxectivos que se marcara. Facilidade de acceso: o empregado pode seguir o seu curso a través de calquera terminal con conexión a Internet. Redución dos tempos de aprendizaxe: grazas ás solucións de e-learning, os tempos pódense reducir entre un 40% e un 60%. Aumento da retención: a información asimilada nos procesos de e-learning retense con maior facilidade ca nas solucións convencionais de formación presencial. Compatibilidade de actividades: o e-learning é compatible con outras actividades, case de maneira simultánea: traballo, lecer, etc. Permite acceder á plataforma en calquera momento e deter a formación cando se desexe. Comodidade: evita moitos desprazamentos, o que se traduce nunha gran comodidade para os empregados. Posibilidade de actualización inmediata dos contidos dos cursos: nos nosos cursos de e-learning pódense incluír modificacións en calquera momento. O alumno pode, polo tanto, acceder sempre a información actualizada. Redución de custos: o e-learning pode chegar a ser ata un 30% máis barato ca formación convencional na aula. Formación personalizada: os cursos de e-learning de Alares ofrecen a vantaxe de poder ser personalizados, de maneira que a cada alumno que se identifique no portal de formación lle aparecerá na pantalla toda aquela información (oferta de cursos, seguimento dos seus progresos, etc.) que lle interese. Seguimento exhaustivo do proceso de formación: Nas empresas, a dirección de recursos humanos ten a posibilidade de facer un seguimento xeral dos empregados durante o seu proceso de aprendizaxe. Pode ver o número de veces que se conectan, así como a data e a hora, os exercicios realizados, as páxinas vistas, o grao de satisfacción dos empregados con cada curso, etc. Grazas ás pegadas electrónicas que o usuario deixa cada vez que accede á plataforma e navega nela, a avaliación de tal cantidade de datos ofrece grandes posibilidades de seguimento detallado. Ademais, o CAMPUS Alares proporciona nos seus cursos de e-learning as figuras da titoría e da dinamización, que van guiando o itinerario formativo, resolvendo dúbidas e facilitando a aplicación dos contidos. Tamén se fomenta a participación do alumnado a través da comunidade virtual, desenvolvendo a interactividade.

Para máis información:

905 555 200

www.alaresformacion.es

formacioncee@alares.es