Castela-A Mancha, un referente da accesibilidade en España

Castela-A Mancha converteuse na primeira autonomía que aprobaba unha Lei de Accesibilidade en España. Ademais, esta comunidade aumenta cada ano como mínimo un 15 % o orzamento destinado á atención da discapacidade, xa que o 40 % dos habitantes desta zona padecen mobilidade reducida. Porén, aínda queda moito por avanzar nesta materia, segundo asegura Javier Pérez, director xeral de Atención a Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Persoas en Situación de Dependencia, quen chama a sociedade e a todos os axentes implicados, administracións e empresarios, a cumprir as normas co obxectivo de alcanzar unha rexión máis solidaria e accesible para toda a cidadanía. Na aplicación da Lei da Dependencia, a rexión de Castela-A Mancha tamén está obtendo moi bos resultados, xa que arredor de 27.000 persoas están a ser atendidas e outras 32.000 persoas máis están a recibir prestacións.