CEOMA incorporouse como “Socio Institucional” da Fundación Alares®, reforzando así a súa participación no desenvolvemento de todas as actividades que realice a Fundación Alares®.
Con esta figura de Socio Institucional, CEOMA comprométese a estudar e desenvolver proxectos e accións, así como á difusión de boas prácticas, nas áreas de traballo e nos fins da Fundación Alares®, sendo estes impulsar e colaborar en iniciativas encamiñadas á mellora xeral das condicións de vida das persoas e ao fomento da competitividade económica e da responsabilidade empresarial e institucional.
CEOMA é unha institución sen ánimo de lucro cunha clara orientación cara ao fomento e á defensa das persoas maiores e ten como finalidade tamén contribuír a prestarlles ás organizacións confederadas a colaboración e a axuda que precisen para a adecuada realización dos seus fins, así como organizar xornadas, encontros, congresos e cursos relacionados coa problemática das persoas maiores.
A Fundación Alares® ten como fins de interese xeral:
• Promover, fomentar e desenvolver cantas actividades de estudo, investigación, análise e innovación de novas oportunidades de emprego e actividades empresariais e sociais poidan acometerse en relación coa atención á dependencia, a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, a responsabilidade social e a integración da inmigración, así como coa cohesión social e a competitividade socioeconómica.
• Promover, fomentar e desenvolver accións formativas, seminarios, conferencias e debates, así como a cooperación coas políticas públicas e as iniciativas privadas de institucións relacionadas cos ámbitos de acción mencionados no punto anterior.
• Promoción e difusión de boas prácticas a través da concesión de bolsas, premios e recoñecementos cidadáns que contribúan aos fins da Fundación.


