Conciliando o Nadal na rede
Co Nadal á volta da esquina, máis dunha familia formula as eternas preguntas de Que facer cos máis pequenos cando rematen o colexio? Ou quen nos axuda coas mil ceas que hai que preparar nestas datas? Ou como ter a casa en condicións sen termos que pasar o día limpando e pasando o ferro?....
Pois ben, a resposta a todas estas cuestións está dispoñible cun clic. A compra en liña de conciliación xa é posible e está ao alcance de todas as persoas. Así que, ademais de adquirir os agasallos para a familia, internet pode ser o lugar perfecto para facer destas festas unha oportunidade de gozar máis e mellor delas, cos nosos.
Segundo o estudo “Consumo de Nadal en España” para 2012, realizado por Google e a consultora Deloitte, as compras virtuais están gañando cada vez máis adeptos. Dos preto de 670 euros de media que gastarán as familias españolas en realizar as súas compras estas festas, 83 destinaranse a produtos adquiridos na rede. De feito, cada vez son máis os que apostan por regalar e gozar dun agasallo diferente, que pode consistir en esquecernos da limpeza da nosa casa durante uns días ou quedarmos máis tranquilos se saímos de festa, mentres dos nosos fillos coida unha cangureira profesional e de confianza.
Cangureira a domicilio para os máis pequenos, servizo de limpeza e pasar o ferro despois das ceas en familia, toda a información sobre os mellores servizos de catering da cidade, procura de agasallos especiais... Mil cousas útiles para facer o Nadal máis fácil e agradable.
Máis información en: Concilia na rede


