Conectar a empresa co cliente.Coas redes sociais coñecemos palabras que hai anos non imaxinariamos utilizar. Esa necesidade de conectar a empresa co cliente en tempo real converteuse nunha parte do día a día de calquera organización. Hai 5 anos non o teriamos imaxinado e hoxe é practicamente imprescindible.
Isto está directamente relacionado coa necesidade de saber, máis alá de que é o que quere o cliente, se o que lle estamos a ofrecer “lle gusta” ou “non lle gusta”.
Canto pagaría unha empresa por saber que é o que lle gusta ou non lle gusta a un cliente?Sería a fórmula perfecta para o triunfo empresarial. Os “non me gusta” daríannos unha idea para buscar unha solución rápida. Porén, por que esperar a ter un “non me gusta” cando temos as claves para saber que é o que si gusta?
A grandes trazos, hai unha serie de cousas que lle van gustar a calquera cliente, independentemente da súa personalidade. Que o escoiten, que valoren o seu tempo, que lle digan a verdade, que se anticipen ás súas necesidades, que saiban que é o que necesita e llo dean, que o traten como alguén importante e teñan en conta que segue sendo cliente unha vez que xa comprou o noso produto ou servizo, que non nos esquezamos del…
Pero que é o que máis lle gusta a un cliente? Que o coiden. Quen diga o contrario mente. En calquera relación, empresarial, sentimental, comercial… a todos nos gusta sentirnos coidados. É algo innato no ser humano.Parece obvio, pero non debe selo tanto cando aínda hai moitas empresas que non se pararon a pensar que algo tan “obvio como iso” é a clave do seu triunfo empresarial.
Ben, xa sabemos o que lle Gusta a calquera cliente. Se dicimos gratis, inmediato, familiar…, tamén son palabras que activan inmediatamente unha conexión no cerebro e espertan as emocións, facendo que, ante a compra dun determinado ben, produto ou servizo, esteamos máis predispostos a escoitar.
É necesario intentar conectar a empresa co cliente, buscar sempre a posibilidade de introducir un “gústame” en cada produto, unha maneira fácil de saber se ten éxito ou non.
Pero, por que non incluír tamén un “non me gusta”? En moitas ocasións isto podería axudar a coñecer rapidamente que un produto decepciona e buscar a maneira de solucionalo. Nesta guerra de prezos, marcas e produtos, só permanecerán aqueles que consigan un maior número de “gústames”.
Por iso, se temos a clave, por que non comezar a facelo?
Hai moito camiño avanzado, pero aínda queda camiño por percorrer. O novo reto das empresas é eliminar eses posibles “non me gusta” antes de que se poidan producir.
Nós dámosche a solución:
Coida dos teus clientes: Lembra: quen ten un cliente ten un tesouro. Cóidao, coñece as súas necesidades, cóbreas e vela polo máis importante: a súa felicidade e a dos seus.
Innova: Ofrece algo que os demais non fagan. Se consegues que o teu produto ou servizo cubra as necesidades das persoas dunha maneira innovadora e, ademais, atope todo contigo, non quererá buscar nada máis.
Sé responsable: O concepto de Responsabilidade Social Corporativa é clave en calquera organización. Hai uns anos era algo que todo o mundo escoitaba, pero que moi poucos aplicaban. Agora a situación cambiou. Cada vez máis organizacións decátanse de que é máis rendible investir en Responsabilidade Social que non facelo.
Estea sempre dispoñible: Se es capaz de dar unha resposta inmediata a un cliente, este non buscará outra empresa.
Fai que o cliente volva: O servizo posvenda é case máis importante ca venda do produto en si. O cliente está constantemente bombardeado pola competencia. O ciclo de venda remata cando o teu cliente, unha vez que comprou, volve facelo.
Alares leva máis de 15 anos traballando para dar resposta inmediata ás necesidades reais dos seus clientes e das súas familias, velando polo seu benestar e felicidade os 365 días do ano, as 24 horas do día. Todas as compras poden facerse a través do Centro Especial de Emprego e, ao poder utilizar a compra como Medida Alternativa, potencia a súa Responsabilidade Social, aumentando a súa porcentaxe de cumprimento coa Lei de Discapacidade e creando emprego para persoas con discapacidade, xa que Alares é quen crea ese emprego no seu cadro de persoal e posteriormente o insire nas empresas en xeral, xa formadas.
Máis de 4 millóns e medio de clientes teñen os nosos servizos. Máis de 4 millóns e medio de “Gústames” que nos din que estamos facendo ben as cousas.
4 millóns e medio de grazas.
Grazas
Conectar empresa-cliente. «Gústame» ou «Non me gusta»