Congreso Nacional de Novas Tecnoloxías Accesibles para a Discapacidade

O Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) organizará o Congreso Nacional de Novas Tecnoloxías Accesibles para a Discapacidade o vindeiro 17 de novembro no Parador Hostal San Marcos de León. A Fundación Alares e Alares Social Centro Especial de Emprego participarán no encontro xunto co Proxecto Discatel. O Congreso conta coa presidencia honorífica de S.M. a Raíña e está promovido polo Ministerio de Sanidade e Política Social, a través do Real Padroado sobre Discapacidade, e pola Fundación Fundetec. O obxectivo é reunir entidades, asociacións, administracións públicas e persoas interesadas no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) aplicadas á Discapacidade para debater sobre a situación actual. Ademais das ponencias e mesas redondas, o Congreso contará cunha zona expositiva, onde empresas e asociacións mostrarán as súas principais solucións e servizos ás administracións e ás persoas usuarias. Fonte: http//www.congresonacional.centac.es/