Este premio, impulsado polo banco inglés HSBC e considerado un dos máis prestixiosos a nivel europeo, galardoa aquelas empresas que demostren un alto grao de innovación e fomento da RSE, ademais de transparencia na súa estratexia corporativa.
No caso español, foi a construtora Contrata y Obras a elixida para representar o noso país, aspirando a conseguir o galardón que a recoñecería como a mellor compañía europea en sustentabilidade corporativa e responsabilidade ambiental.
Optar a un premio tan prestixioso débese, sen dúbida, segundo as palabras do seu propio director xeral, Néstor Turró, «ao esforzo e compromiso das persoas que integran a organización». E é que esta entidade tamén pode presumir de que a calidade de vida dos seus traballadores é un dos seus obxectivos primordiais. De feito, Contrata y Obras recibiu o pasado ano 2008 o Premio Nacional Alares® pola conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos seus empregados.
Contrata y Obras, candidata aos premios empresariais de innovación, RSC e transparencia máis competitivos de Europa