Convocatoria dos Premios Nacionais Alares® Edición 2008 á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal

A Fundación Alares® convocou a súa Edición 2008 dos Premios Nacionais Alares®. O motivo é, entre outras actividades, recoñecer os múltiples labores realizados co obxectivo de fomentar, estudar, difundir e implantar programas e/ou novas fórmulas relacionadas coa Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal e a súa incidencia na calidade de vida. Esta nova Convocatoria dos Premios Nacionais Alares® 2008 está dirixida a empresas, institucións, iniciativas da sociedade civil, directivos, medios de comunicación, programas audiovisuais, innovación e ensaio, universidades, escolas de negocios, profesores e investigadores que realizasen este labor de forma eficiente. A Convocatoria fíxose o pasado mes de decembro, concretamente o día 20; o prazo de presentación de candidaturas rematará o 20 de marzo e o fallo realizarase en maio de 2008. O acto público de entrega dos Premios anuais celebrarase en xuño deste ano. O Xurado estará composto por personalidades de recoñecido prestixio, así como por representantes de Alares® e da súa Fundación. As bases pódense consultar en: https://vivofacil.org/empresas/index.php/fundacion_alares/premios_nacionales_alares_r_2008__1/premios_nacionales_alares_r_2008 As dez modalidades dos Premios Alares® descríbense a continuación e pretenden premiar as accións, innovacións, escritos, publicacións ou traxectorias profesionais de:
  • Institucións
  • Empresas: pequenas, medianas e grandes empresas
  • Axentes sociais
  • Directivos
  • Profesionais dos medios de comunicación
  • Medios de comunicación
  • Información ou programas en medios audiovisuais
  • Innovación e ensaio
  • Universidades, escolas de negocios, outras institucións educativas e de investigación
  • Profesores e investigadores
No que respecta á valoración dos méritos, a Fundación Alares® contará coa colaboración de FORÉTICA, Foro para a Avaliación da Xestión Ética, que colaborará na aceptación e avaliación dos méritos presentados, que se someterán á deliberación do Xurado. O premio, en cada unha das súas modalidades, consiste nun galardón realizado pola coñecida escultora burgalesa Dª Ana Nuñez, que creou unha escultura específica para este fin, e nun diploma acreditativo.