Convocatoria dos Premios Nacionais Alares Edición 2009 á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal

A Fundación Alares convocou a súa edición de 2009 dos Premios Nacionais Alares, os recoñecementos de maior prestixio e relevancia a nivel nacional no ámbito da conciliación. O obxectivo é, entre outros, recoñecer os múltiples labores realizados para fomentar, estudar, difundir e implantar programas e/ou novas fórmulas relacionadas coa conciliación da vida laboral, familiar e persoal, así como a súa incidencia na calidade de vida e na competitividade empresarial. Esta nova convocatoria dos Premios Nacionais Alares 2009 vai dirixida, do mesmo xeito que nas edicións anteriores, a recoñecer publicamente as distintas organizacións, empresas e profesionais que se detallan a continuación, co fin de premiar as súas iniciativas a prol da conciliación da vida laboral, familiar e persoal. As experiencias galardoadas difundiranse á sociedade en xeral para fomentar boas prácticas nesta materia. Queda así aberto o prazo de inscrición de candidaturas, que se pechará no mes de febreiro de 2009, e o fallo realizarase en maio do mesmo ano. O xurado estará composto por personalidades de recoñecido prestixio de distintos ámbitos, así como polo Padroado da Fundación Alares®. As dez modalidades dos Premios Alares®, que se describen a continuación, pretenden premiar as accións, innovacións, escritos, publicacións ou traxectorias profesionais de: § Institucións § Empresas: pequenas, medianas e grandes empresas § Axentes sociais § Directivos § Profesionais dos medios de comunicación § Medios de comunicación § Información ou programas en medios audiovisuais § Innovación e ensaio § Universidades, escolas de negocios e outras institucións educativas e de investigación § Profesores e investigadores O acto de entrega dos premios celebrarase en xuño de 2009 no transcurso dunha gran «festa da conciliación traballo-familia», á que asistirán políticos, empresarios, directivos e representantes da sociedade en xeral. < /s pan>