
Para as entidades sen ánimo de lucro, as doazóns son unha das súas principais fontes de financiamento, seguidas das achegas dos socios ou das subvencións doutras empresas, fundacións e particulares, polo que esta modificación supón un sopro de aire fresco para elas.
Desde o pasado 1 de xaneiro de 2015, a Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades introduce modificacións na Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. En concreto, polo
incremento dos tipos de dedución aplicables aos donativos realizados por persoas físicas e/ou xurídicas a fundacións acollidas ao réxime fiscal especial.
En resumo, entre as novidades,
recoñécese o micromecenado, polo que
as persoas físicas poden deducir no seu IRPF o 75 % dos primeiros 150 euros doados.
Á súa vez, foméntase a fidelización das doazóns, realizadas tanto por persoas físicas como por persoas xurídicas:
No caso das
persoas físicas, estas poderán aplicar unha dedución do
35 % (en vez do 30 % xeral) polo exceso sobre os 150 euros doados, sempre que realizasen doazóns á mesma entidade nos últimos tres anos.
No caso das
sociedades, a dedución increméntase ao
40 % para as doazóns realizadas á mesma entidade polo mesmo importe ou por un importe superior durante polo menos tres anos.
Aínda que estas son as principais novidades, na seguinte ligazón pódese consultar integramente todo o que contempla esta modificación da
reforma dos incentivos fiscais ao mecenado.
Desde aquí, aproveitamos para dar as grazas a todas as persoas e organizacións que se sumaron á misión das nosas fundacións e aos seus proxectos, e que apostaron e seguen apostando polo desenvolvemento dos mesmos, que teñen como finalidade común a mellora social no noso país.
Fonte:
Asociación Española de Fundacións