Queres vir probar o meu Asistente Persoal Alares?

O vindeiro 24 de xullo, Alares presenta un novo e exclusivo servizo dedicado ao coidado da familia.

O obxectivo deste encontro é facer unha demostración en directo das prestacións e vantaxes que miAsistente® Personal Alares® ofrece con só programar varias teclas do móbil. miAsistente Personal Alares é a ferramenta perfecta para todas aquelas persoas que necesitan xestionar as necesidades do día a día e que, por falta de tempo, teñen moitas dificultades para facelo ou simplemente porque desexan mellorar a súa calidade de vida. Ademais, grazas ao seu sistema de localización, permite saber onde se atopa o usuario en caso de emerxencia e alertar a Central Alares 24 horas de calquera urxencia. Con só descolgar o teléfono, o usuario tamén poderá consultar de forma ilimitada e sen custos as súas dúbidas a expertos avogados, médicos, dietistas, psicólogos, informáticos… e solucionar de forma inmediata situacións cotiás. Grazas ao Teléfono Móbil Fácil que Alares® lle ofrece gratuitamente, os nosos seres queridos poderán dispoñer de: • Xestión de calquera trámite: administración pública, colexios, ITV, compra e reserva de entradas, restaurantes, agasallos, hoteis… • Servizo de Emerxencia conectado á Central de Alares® as 24 horas, os 365 días do ano. E ademais, dispoñerán de forma gratuíta e ilimitada dos seguintes servizos: • Consultas telefónicas a expertos avogados, médicos, dietistas, psicólogos… • Asistencia informática no fogar. • 2.ª Opinión Médica Internacional ante unha enfermidade ou accidente grave. • Localización xeográfica en situacións de emerxencia.