Un estudo titulado «Dobre dependencia: avós que coidan dos netos en España» demostra que, aínda que o número de avós españois que exercen de coidadores dos seus netos é dun de cada catro, menor ca media europea, que se sitúa nun de cada tres, os españois dedícanse a iso dunha forma máis intensiva, chegando ás 7 horas diarias, fronte ás 5 europeas.
As dificultades no mundo laboral e a falta de programas de conciliación da vida laboral e familiar/persoal parecen ser a causa desta situación, que obriga as persoas maiores a coidar dos seus netos de forma «forzada», debido a que non existe outra alternativa ou ao sentimento de responsabilidade cara aos seus fillos e netos.
Un dos grandes recursos que non se utiliza moito no noso país é a posibilidade de traballo parcial, ben sexa indefinidamente ou por tempadas, unha medida que tamén sitúa España por debaixo da media europea, xa que mentres que no continente se rexistra un 31 % de mulleres traballando a tempo parcial, na península redúcese ao 22 %. O mesmo acontece co xénero masculino, que neste caso pasa do 7,3 % europeo ao 4,1 % en España.
Tanto Alares como a Fundación Alares levan traballando desde os seus inicios en proxectos de Conciliación da vida laboral, familiar e persoal, xa que cren no dereito dos pais a gozar dos seus fillos e no dereito das persoas maiores a dedicarse aos seus netos de forma voluntaria. A conciliación é, en definitiva, un aumento da Calidade de Vida.
Despois de ser pais... ¡a ser avós!