Día Europeo da Diversidade

Que é a Diversidade para ti? Cóntanolo a través do cancelo #LaDiversidadEs

Día Europeo da Diversidade_ redes sociais

O vindeiro 4 de xuño celébrase o Día Europeo da Diversidade. Por iso, a Fundación Diversidade, un ano máis, súmase a esta xornada coa intención de concienciar a todo o mundo sobre a verdadeira importancia de apostar por equipos diversos. É un valor engadido para calquera organización. Na sociedade actual é necesario migrar cara a un modelo organizativo baseado no aproveitamento das potencialidades individuais como clave do éxito. O aproveitamento, polo tanto, dos recursos humanos integrados en grupos heteroxéneos en canto a raza, etnia, sexo, nacionalidade… En definitiva, un modelo de sociedade que estea baseado en potenciar precisamente a diferenza como fonte de valor para o éxito de calquera compañía e de calquera sociedade. Numerosos estudos e investigacións constatan que a diversidade cultural engade valor ás empresas, incrementa as posibilidades de captar talento, enriquece a cultura organizativa e aumenta o número de clientes, mentres que os seus custos económicos son mínimos. Unha das investigacións, realizada pola Comisión Europea, sinala as cinco vantaxes máis significativas de aplicar políticas activas de Diversidade: 1.Fortalece os valores culturais dentro da organización. 2.Mellora a reputación da institución. 3.Axuda a atraer e conservar persoas con moito talento. 4.Incrementa a motivación e a eficiencia do cadro de persoal. 5.Aumenta a innovación e a creatividade entre as persoas empregadas. Os cambios na localización da produción e o movemento de bens e servizos estiveron acompañados polo movemento de persoas. En todo caso, trátase de movementos que se intensificaron profundamente nas últimas décadas e cuxo impacto demográfico transformou a paisaxe urbana de moitos países, facéndoa cada vez máis colorida e multicultural. En definitiva, todas as persoas somos diferentes: idade, sexo, características físicas, orientación sexual, personalidade, afeccións, nivel de vida, crenzas... Conscientes desas diferenzas, cada persoa asocia a Diversidade a un concepto determinado. Por iso, este ano, desde a Fundación Diversidade queremos coñecer que é a Diversidade para ti e que nolo contes a través do cancelo #LaDiversidadEs.